Na clase de valores, estamos a facer ioga. Falamos dos principios do ioga e contamos contos que tratan de cada un deles. Despois facemos as asanas. Aprendemos xuntos e pouquiño a pouco. Ao final, facemos unha pequena relaxación ou traballamos con visualizacións.
A finalidade do noso traballo non é facer as posturas perfectas. NecesitarIamos unha profe especializada en ioga! O que queremos é aprender a sentirnos, a usar a respiración para relaxarnos e a respeCtar e coidar o noso corpo.
Traballamos dobre... Movemos todas as mesas para facer sitio! Pero facémolo tranquilamente, con ledicia e con moito gusto
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Deixa aquí os teus comentarios