14 de xuño de 2016

O alumnado de cuarto curso xestiona

Os nenos e nenas de cuarto curso queríamos actividades de Educación vial no noso cole.
Cando fomos ao Concello de Moaña, pedímosllas á nosa alcaldesa. Ela explicounas que había que pedirllas á Xefatura de tráfico, e que dende alí se coordinarían coa Policía Local para facer as actividades..


 Na clase de cuarto  todos escribimos cartas para Helena, a coordinadora de Educación Vial da Xefatura de Tráfico de Pontevedra.
 

 E ela contestounos!

Tamén nos enviou uns agasallos.

E hoxe veunos visitar ao colexio e díxonos que en setembro virán facer as actividades de Educación Vial no noso cole para todos os nenos e nenas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas