6 de dec. de 2011

A reprodución das plantas II, 3º curso

En 3º seguimos interesados na reprodución das plantas. Xa comprobamos que xermolaban as sementes( reprodución sexual ) con só mollalas en auga e deixalas no algodón. Agora, fixemos o mesmo con elas; pero, enterrámolas en cadansúa maceta( lentellas, feixóns e garbanzos ). Mostrámosvos a fotografía do día da plantación( 2 de decembro ). 


As lentellas foron as primeiras en nacer. Ao cabo duns días xa estaban así.




Pasaron uns días dende a plantación das sementes dos legumes e hoxe, 12 de decembro, chegamos a clase e atopamos a maceta das lentellas chea de pólas e a dos feixóns cuns brotes.Arriba está  foto.

O mércores, 14 de decembro, as plantas xa estaban así.



O venres, 16 de decembro, seguían medrando. Notamos cambios dende as 9 ata as 2. Pero, os garbanzos seguen sen asomar.


Chegamos á última semana de clase do 1º trimestre, á semana das vacacións de Nadal! Os garbanzos seguen sen nacer; pero,  os feixóns van para arriba e as lentellas comezan a tumbarse.


Estamos de volta. Hoxe, 9 de xaneiro de 2012, comprobamos que o proceso de crecemento das lentellas e dos feixóns foi adiante; pero, no caso dos garbanzos non tivemos sorte. Unha das causas puido ser que as propias sementes  non serviran para a reprodución por algún problema no seu interior.
A partir de aquí ven a parte de maduración e por iso as plantas van perdendo forza nas pólas e nas folllas .

Con esta foto rematamos o seguimento desta experiencia. Con ela aprendemos a prestar atención ao que nos arrodea a través da observación directa e continuada.


1 comentario:

  1. habera que ver como crecen estas plantas,bicos a tod@s

    ResponderEliminar

Deixa aquí os teus comentarios

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas