14 de mar. de 2011

O Entroido

Este curso os nenos e nenas de Quintela disfrázanos de Curruvellos. Queredes saber o que é?
E a maneira tradiconal de disfrazarse en Moaña.
Fixemos unha enquisa nas nosas familias, e logo coas respostas en segundo ciclo elaboramos todos xuntos este texto, que puxemos na entrada do colexio, xunto coas fotos antigas que recollemos:
"Os curruvellos:

Os nenos e os xóvenes eran os que se disfrazaban de curruvellos. Moitos ian sós, pero a maioria ían en grupo.
Na cara levaban un pano ou unha carauta.
A cabeza ía cuberta cun pano, ou moi pintada e con gafas sen cristais. Outros levaban gorras.
Vestían un vestido con remendos, ou unha falda vella, unha blusa e unhas medias.Tamén unha toquilla.Si querían ir de homes, levaban chaquetas, pantalóns e camisas grandes e vellas.
Nos pés levaban zapatos vellos ou prestados, ou zocos.
Unha vez vestidos, recorrian o pobo ou o barrio asustando a xente, e metendose con ela. Algúns levaban un pao para darlle nas pernas.
Saíase en pandilla e dábase unha volta polo barrio meténdose coa xente.
O máis divertido era asustar a sente, gastarlle bromas aos familiares e amigos, aproveitando que nos os recoñecían."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Deixa aquí os teus comentarios

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas