11 de mar. de 2024

Visita ao concello dentro do programa “Aprende Moaña” para 4°

 Aquí vos deixamos o video gravado coa técnica croma e editado polo alumnado de 4° contando o que lles explicaron das distintas estancias que visitaron na saída ao concello dentro do programa “Aprende Moaña”.

6 de mar. de 2024

Saída a plantar árbores a Rialdarca

 Hoxe o alumnado de terceiro e de quinto de primaria fixemos unha andaina pola beira do río de Rialdarca para prantar árbores autóctonas como por exemplo sobreira ou madroño. Pasámolo moi ben ;)




1 de mar. de 2024

Facemos trampas para a velutina

 Hoxe fixemos un obradoiro sobre a avespa velutina e de como facer trampas para pendurar das árbores.


29 de feb. de 2024

3º e 4º no Museo de Pontevedra

Esta semana visitamos o museo de Pontevedra. 
Convertémonos en detectives para aclarar un misterio ocorrido no museo, gozamos das pinturas e esculturas contemporáneas e aprendemos algunhas cousas moi interesantes sobre técnicas pictóricas. 
Foi unha visita moi aproveitada e agardamos volver.

 

24 de feb. de 2024

En 4° coñecemos e aprendemos a técnica audiovisual croma

 Gravamos unha serie de videos coa temática da visita ao concello que fixeron dentro do programa “Aprende Moaña” e coa técnica do croma, van editar esos videos cambiando o fondo verde por outro que elaboren. 

Xa veredes o resultado!



Última sesión de balonmán para 4°

 Queremos agradecer a Miguel e ao Club Balonmán Cangas todo o que nos ensinaron nestas catro sesións que recibimos sobre este deporte.

Despedimos a última xornada facendo pequenos partidos na pista e xogos de pilla no ximnasio.


21 de feb. de 2024

Balonmán para 4º dentro do programa XOGADE

 Onte tivemos a terceira sesión. Moito aprendemos!

20 de feb. de 2024

Ciencias da natureza na aula de 3º

 Xa rematamos o tema das plantas na clase de 3º! Moito traballamos e moito aprendemos sobre o mundo das plantas.

Plantamos fabas metidas en algodón, rexistramos como medraban cada día, pasámolas a macetas cando xa tiñan o talo e as follas fóra do algodon, recorremos o patio buscando distintos tipos de follas e estudamos o talo da planta da que procedían...

Traballamos por estacións esta temática e ata fixemos un kahoot para saber canto aprenderamos!

16 de feb. de 2024

Coplas de 3º e 4º

 

14 de feb. de 2024

Compartindo lecturas




 

9 de feb. de 2024

Balonmán dentro do programa XOGADE para 4°

 Hoxe tivemos a segunda sesión de balonmán con Miguel. Practicamos lanzamentos, bote, recepcións…

Grazas Miguel por esta sesión tan divertida!



8 de feb. de 2024

O Entroido tradicional de Meira

 A semana pasada tivemos a sorte de recibir de novo a Manolo Cobas, bailador e mestre de baile en varias asociacións, entre elas Meiramar. 

Coma tódolos anos o alumnado de 5º de primaria é o afortunado de coñecer da man de Manolo como era o Entroido Tradicional de Meira.

Posteriormente todo o alumnado de primaria gozou de poder ver bailar a cinco nenas e nenos do colexio da man do seu mestre, Manolo.

 

7 de feb. de 2024

4º visita o Concello de Moaña

Coma tódolos anos o alumnado de 4º de primaria é o escollido para visitar o Concello de Moaña, dentro das actividades "Aprende Moaña".

A concelleira de ensino, Dolores,  recibiunos moi ben e foi a nosa guía durante toda a visita.

Queremos darlles as grazas á alcaldesa, Leticia, por recibirnos e atender as nosas peticións.

Por suposto tamén lle agradecemos a todo o persoal do concello as súas explicacións sobre o funcionamento do mesmo.

Aprendemos unha chea de cousas!

 

6 de feb. de 2024

Balonmán dentro do programa XOGADE para 4° de primaria

 Hoxe comezamos a actividade de balonmán para 4° de primaria. Contamos en Miguel, do Club Balonmán Cangas, que nos ensinou algunhas cousas deste deporte de xeito lúdico e divertido.

Contaremos con 4 sesións para coñecer practicar este deporte.


31 de xan. de 2024

1ª sesión de escritura creativa en 4º

Esta mañá comezamos a nosa primeira sesión de escritura creativa. Pablo animounos a escribir un conto por parellas. 
Pasámolo moi ben e agardaremos ao vindeiro mércores para compartilo co resto da clase.

 

30 de xan. de 2024

Ciencias da natureza e pensamento computacional en 3° de primaria

 Na aula de 3º estamos a traballar e a aprender moito sobre as plantas. Entre as moitas tarefas que fixemos, destacamos un traballo por estacións no que, en grupos foron pasando por distintas mesas con distinto material no que traballar (crebacabezas, formar palabras relacionadas coas plantas, escribir as partes das plantas, unir debuxos cos nomes correspondentes).

Tamén aproveitamos para traballar coas tablets o programa Scratch Junior, que nos permite desenvolver o pensamento computacional e a linguaxe de programación.

Que ben que  o pasamos!



29 de xan. de 2024

ENTREVISTA 3º ED. PRIMARIA A PAULA SUÁREZ


            CLICA AQUÍ PARA VER A ENTREVISTA COMPLETA

     

Os nenos/as de 3º de Ed. Primaria aproveitaron a visita da autora de "O mundo de cores de Roque e Lía" para facerlle unha entrevista. E esto foi o que lles contou...

24 de xan. de 2024

Lugares favoritos de Galicia en 4º

A semana pasada fixemos unhas exposicións moi interesantes ao resto do alumnado sobre os nosos lugares favoritos de Galicia. Aquí vos deixamos os vídeos para que vexades que ben o fixemos.




















19 de xan. de 2024

VISITA DE PAULA SUÁREZ, A AUTORA DE “O MUNDO DE CORES DE ROQUE E LÍA”

 




         Hoxe, 19 de xaneiro, coñecemos a autora do libro “O mundo de cores de Roque e Lía”. Contounos o conto e, ó rematar, pintamos as unllas de cores, coma as personaxes do libro. Divertímonos moito e saímos guapísim@s.

Ademais, os nen@s de 3º fixéronlle unha entrevista na que lles countou unha morea de cousas mais.

Grazas, Paula!






22 de dec. de 2023

Os Reis Magos visitan Quintela

 As súas maxestades, os Reis Magos, puideron gozar das actuacións do alumnado de 3º e 4º. Recolleron as súas cartas e levaron agasallos para cada aula.

Aquí están os nenos e nenas de 3º cos Reis Magos



E aquí os nenos e nenas de 4º



O alumnado de 3º cantou Da rosa rosiña. Mirade que ben o fixeron e que ben o pasaron


Os nenos e nenas de 4º, cantaron Agasallos de Nadal, unha panxoliña con texto e música de Susa Herrera, nun  arranxo  feito  pola profe de Música, María. Fermosísimo!

QUERES FACER UN COMENTARIO?

Pulsa co cursor enriba de "comentarios" .
Elixe de identidade "Nombre", e escribeo na casilla..
Escribe no recadro o teu comentario.
Pulsa enriba de "Publicar comentario"
Sairá publicado máis tarde,cando nos chegue.

As ilustración e imaxes que publicamos neste blog teñen un uso educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor/a, facédenolo saber, para poder retiralas axiña.Grazas